Monday 13 de May de 2024

O BNG de Arteixo a través do seu grupo municipal solicitou no rexistro a convocatoria dun reunión en que reciban ás familias que hai semanas que solicitaron este encontro


Desde o BNG lamentan que logo das queixas e reclamacións de mellora do servizo e da entrega de centos de sinaturas nin a concelleira de benestar social nin o alcalde se dignaran recibilas para escoitar as súas demandas “ creo que saber de primeira man o que está a suceder e poñer todos os medios para solucinalo é unha obriga do goberno local. Solucionar as eivas dunha concesión nun servizo esencial como e este ten que ser inmediato” indica Xurxo Couto , portavoz do BNG de Arteixo.

O BNG presentará unha moción en apoio das reivindicacións mais tamén onde se faga todo o legalmente posíbel para municipalizar o servizo “ levamos anos demandándoo, estamos desde hai anos con problemas tanto na prestación ás familias como nas demandas laborais , esta situación é insostíbel e temos que actuar” indica o portavoz municipal

No BNG tamén rexistraron a solicitude dunha convocatoria de reunión onde asistan as familias que están demandando as melloras e os responsábeis do goberno local e os representantes dos grupos políticos “ ten que ser xa, non pode pasar nin un día máis sen que poidan falar co goberno local, non é aceptábel que soliciten ter encontros coa responsábel política do servizo e que sistematicamente non conteste ou cando o fai na vez de intentar solucionar o problema critica a quen reclama” trasladan desde o grupo municipal.